
Aurora naceu en Lugo e reside en Berna (Suíza) desde o ano 2012. O seu traballo artístico, en constante evolución, está fortemente influenciado polas novas tecnoloxías e pola música contemporánea. Ao longo da súa traxectoria, foi tecendo unha práctica interartística que integra as artes visuais, o teatro musical e a performance, creando proxectos innovadores nos que converxen diferentes linguaxes creativas.

Comeza os seus estudos de frauta traveseira na súa vila natal e continúaos en Oviedo e Helsinki. Posteriormente, transládase a Berna para realizar un Master de frauta con Verena Bosshart e Martin Fahlenboch. Co obxectivo de profundar nas relacións entre a música contemporánea, a creación audiovisual e os procesos interdisciplinares realiza un segundo máster Contemporary Arts Practices.
En 2017 fundou o Trío Tramontana xunto á violista Alejandra Martín e á arpista Mathilde Bernard. Con esta formación desenvolveu múltiples espectáculos de carácter experimental e interdisciplinar, que foron presentados en festivais e salas de concertos de Suíza, Alemaña e España. Froito destas colaboracións naceron máis dunha ducia de obras novas compostas especificamente para o trío, contribuíndo así a enriquecer o repertorio contemporáneo para formación.
Aurora é tamén membro cofundadora do grupo de improvisación experimental Blackburg, creado no contexto da gravación da banda sonora para o documental Der Anachronist (2018). En outono de 2024, o grupo presenta o seu cuarto álbum, Blackmagic, acompañado dunha xira de concertos.
Outros dos proxectos cos que colabora regularmente son a Orquestre Festival, a Stadtorchester Thun e o cuarteto de improvisación KRAN. No ámbito da creación individual, a súa instalación audiovisual A lingua nai da miña filla foi presentada recentemente en Suiza.
Paralelamente á súa actividade artística, Aurora exerce como profesora de frauta traveseira nas escolas de música de Gürbetal e Köniz, desenvolvendo unha intensa labor pedagóxica en diálogo coa súa visión creativa.